Hosting por Logo dinahosting
5 Marzo, 2013

Coñece a Montaña

COÑECE A MONTAÑA
ASCENSIÓN AO MUSTALLAR, ANCARES (1.924m)
Venres e sábado 15 e 16 de marzo de 2013

O Mustallar é quizais a montaña máis mítica dos Ancares. Sen ser a máis elevada e sen chegar a cota de 2.000 m, a súa orografía convírtea en ideal para iniciarse no montañismo. De pendente moderada, a ruta proposta é unha circular que non presenta dificultade técnica de ningún tipo pero si é esixente físicamente.

Compre sinalar que éste é o lugar de paso histórico entre Leon e Galicia, entre os dous pobos que simbolizan a historia, os usos e as costumes únicas que ainda se conservan neste lugar: Piornedo (En Galicia) e Burbia (En Leon).
Teremos a posibilidade de coñecer este primeiro, coas súas tipicas pallozas e piornos, propias dunha rexión no que o medio labrou a súa imaxe as poboacións que a habitan. Un lugar único a nivel medioambiental e paisaxísitico que une máxicamente tres comunidades irmás: Galicia, Castela e Asturias, separadas por unha cordilleira, os Ancares, e un pico, o Mustallar.

Planing:
Saída do parquing da policía nacional de Ourense o venres 15 pola tarde.
Noite no refuxio de Ancares na localidade de A Degrada.
Desprazamento a Piornedo cedo pola mañá e comezo da ascensión.
Volta a Piornedo e de aquí de volta para Ourense o sábado 16 pola tarde.
Chegada a Ourense pola noite.

Información técnica

Ruta aproximada
– Lonxitude da ruta: 11 km aproximadamente
– Desnivel: 850 m
– Material necesario: Crampons e piolet (ver taboa de inscripción)
– Material recomendado: Roupa de abrigo, botas de montaña, saco, impermeable, guantes e gorro.

Información práctica

– Durmida: Aloxarémonos no albergue de Ancares na localidade de A Degrada. Recomendable saco de durmir.
– Comida: É posible cenar e almorzar no albergue ou na propia localidade de A Degrada.
Tamén é posible levar comida e cociñar no albergue. (nese caso levar todo o necesario)
(Ver taboa de inscripción)
– Transporte: Organizaremos o transporte en coches particulares. (Ver taboa de inscripción).
– Prezo: 22 € para non socias, 12 € para socias.

O prezo inclue aloxamento do venres e cesión de material. E para non socias tamén o seguro de responsabilidade civil e a cuota asociativa do primeiro trimestre no club.

Inscripción:
Inscríbete na sede do Club Alpino Ourensán e cumplimenta a taboa.
Cumplimenta toda a información na seguinte taboa antes do mércores 13 as 19h , tanto os datos personais de contacto como a información relativa a comidas e material para a loxística, como a relativa a transporte, para que vos organicedes en coches. TABOA ON-LINE

NOTA:
Un par de días antes poreime en contacto con todos vos para maior información.
Calquera cuestión ou dúbida, escribídeme a [email protected] ou chamádeme ao 659655734.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón